Thursday 16 de May de 2024

Mercedes Rosón recorda que o candidato do PP votou en contra do centro de saúde de Conxo no ParlamentoInicio 


A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, respondeu hoxe ao candidato do Partido Popular. Recordoulle que votou en contra do centro de saúde de Conxo no Parlamento, que xa existe un centro de saúde na finca do Hospital Psiquiátrico, e que se está facendo un proxecto de ampliación e rehabilitación deste centro, que indica, “xa está incorporado tamén no plan especial que está tramitando o Consorcio” de Santiago.

Utiliza as teclas de frecha arriba/abaixo para aumentar ou diminuír o volume.
Para a concelleira, o candidato do PP popular “descoñece completamente as necesidades de Santiago e como solucionalas, e dada a falta de proxecto de cidade do Partido Popular, é capaz de facer e dicir o que sexa”. “É capaz de levantarse un luns e votar no parlamento en contra dun novo centro de saúde no barrio de Conxo, e ao día seguinte mirarlle á cara aos veciños e veciñas do barrio e dicirlles sen ruborizarse que el será capaz de solucionar esta cuestión”. Engade que “condenaron ao Ensanche votando en contra do proxecto Peleteiro, e condenan ao barrio de Conxo sen centro de saúde votando en contra no Parlamento. Definitivamente están en contra desta cidade”.